O Concello recibiu á ciclista ponteareá Desirée Duarte

A semana pasada, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, a 1ª Tenente de Alcalde Chus Garrote e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez, recibiron no Salón de Plenos da casa consistorial á ciclista ponteareá Desirée Duarte. Campiona absoluta feminina no Campionato de España de Enduro 2018, estivo rodeada tamén polos representantes das casas comerciais de Biziebike, Don Disfraz e Bo Papel, que son patrocinadores que apoian durante todo o ano a súa carreira deportiva.

Tanto o alcalde como o concelleiro de Deportes loubaron a importancia das casas patrocinadoras e felicitaron á ciclista polos seus éxitos no 2018.

No acto, o representante da casa comercial Biziebike fíxolle entrega dunha nova bicicleta de montaña valorada nuns 6000 euros.