O Concello presenta o cartel para o Corpus Christi 2016

Presentou amais outras actividades como a participación de alfombristas na festa da Rosa en Monçao e no VI Congreso Internacional de Arte Efémero en Noto

O alcalde, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura e Turismo, Hortensia Bautista, xunto a unha representación dos alfombristas que participarán no VI Congreso de Noto e na festa da Rosa en Monção, presentaron hoxe o cartel para a edición do Corpus Christi 2016. O cartel destaca o carácter de festa de interese turístico internacional, presidido por un ornamento típico das alfombras de Ponteareas.

CorpusChristipresentación2_opt

O arte convertido en alfombra floral, con forte raizame na tradición de Ponteareas, terá un ano máis o seu lugar na festa da Rosa na vila arraiana de Monção. Unha delegación de alfombrista deseñará e elaborará unha nova alfombra na praza Camoês desde as 6.00 até as 10.00 horas do vindeiro domingo 15 de maio. Os vilegos e turistas poderán contemplar o arte efémero até o paso da procesión da Nossa Senhora da Rosa ás 17.00 horas.

Do 12 ao 15 de maio, unha delegación de alfombristas do tramo 2 da Praza Maior, que contará tamén coa asistencia do alcalde Xosé Represas e a concelleira de Cultura e Turismo Hortensia Bautista van participar no VI Congreso Internacional de Arte Efémero en Noto (Sicilia, Italia), o evento máis relevante do presente ano para a internacionalización do Corpus de Ponteareas.

Amais, na semana seguinte ao Corpus Christi na vila ponteareá, outra delegación formada por alfombristas fará un intercambio, coma todos os anos, á vila tinerfeña de La Orotava, irmandada desde 1984, e onde tamén, por esas datas teñen por costume facer alfombras florais.

 

Imágenes integradas 1