O Concello pon en marcha medidas para reducir o consumo de auga ante a situación de prealerta de seca

 

O Concello pon en marcha medidas para reducir o consumo de auga ante a situación de prealerta de secaO Concello de Ponteareas porá en marcha unha serie de medidas encamiñadas ao aforro do consumo de auga ante o aviso da Confederación Hidrográfica no Miño-Sil de que a escaseza de choivas está a provocar que os caudais dos ríos estean sendo moi inferiores aos normais para esta época do ano e comeza a afectar aos parámetros ambientais.

 

Ante esta situación, o Concello substituirá as plantas por outras que precisen menos rego, reducirá o tempo de rego e evitará o uso de auga da traída para os baldeos das rúas. “Temos que ser conscientes de que é imprescindíbel facer un uso racional da auga tanto nas institucións, como nos domicilios, nos comercios, nas empresas… para non poñer en risco o abastecemento en caso dunha falta de chuvias prolongadas”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo.

 

A auga dispoñíbel na natureza para consumo humano é un recurso limitado, polo que ante a situación actual de prealerta de seca é importante levar a cabo pequenas accións que poidan contribuír á redución do seu consumo, aforrando subministros en usos e destinos non prioritarios. Dende o Concello anímase á veciñanza a cambiar pequenos hábitos para conseguilo como poden ser, por exemplo:

  • Darse duchas curtas e evitar a bañeira.
  • Colocar cisternas con sistemas de aforro.
  • Non baleirar a piscina, senón realizar un mantemento axeitado durante o ano.
  • Cerrar a billa mentres se lavan os dentes.
  • Xuntar auga ao lavar a vaixela.
  • Facer un uso eficiente da lavadora.