O Concello pasa ao cobro do Imposto de Circulación cunha redución do 10%

O Concello de Ponteareas informa que se está pasando ao cobro o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica. O goberno local lembra que este ano entran en vigor as reducións no importe das tarifas aprobadas o pasado ano e que supoñen un aforro para os cidadáns. Concretamente, a redución media do imposto cífrase, segundo os datos do ORAL, en algo máis dun 10%.

Por outra banda, neste exercizo fiscal aplícase xa a nova bonificación do 100% para os vehículos de máis de 25 anos (máis de 2.000 vehículos en Ponteareas) que antes só desfrutaban dunha bonificación do 50% e que agora, polo tanto, están esentos do pago do imposto.

Esta redución de impostos e taxas únese á rebaixa xa aplicada sobre o Imposto de Construccións, Instalacións e Obras cunha redución do 43% do seu importe.

O Alcalde Xosé Represas sinalou que estas reducións son posibeis tras lograr a recuperación económica do Concello o pasado ano.