O Concello organiza unha nova ruta de voluntariado ambiental xuvenil polo río Uma para a recollida de lixo

 

Será este venres 6 de maio ás 17.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse e solicitar información en voluntariado@ponteareas.gal ou no 687 764 516

 

O Concello de Ponteareas organiza unha nova xornada de voluntariado ambiental xuvenil cunha ruta polo río Uma na que as e os participantes colaborarán na limpeza e retirada de lixo da contorna. Esta nova cita, coa que se busca continuar mellorando a contorna do municipio, será este mesmo venres 6 de maio a partir das 17.00 horas.

 

O obxectivo desta actividade é “concienciar aos mozos e mozas sobre a importancia de conservar o noso medio natural, ao tempo que poñemos en valor o patrimonio medioambiental e fomentamos o traballo en equipo para facer de Ponteareas unha vila máis sustentable”, como destaca o concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó. O edil salienta ademais a implicación, compromiso e contribución das mozas e mozos ponteareáns que participan en cada unha das xornadas de voluntariado ambiental organizadas polo Concello.

 

Como en actividades anteriores, a organización recomenda acudir a esta ruta con auga, gorra, pantalón longo e cómodo, calzado con boa sola para maior seguridade, máscara e guantes, se son fortes mellor. As persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse a través do correo electrónico voluntariado@ponteareas.gal ou do teléfono 687 764 516.