O Concello mellora os accesos ao enclave turístico do Castro de Troña

castro de troña1O Concello de Ponteareas, xunto coa Deputación Provincial de Pontevedra, vén de acometer a mellora do acceso ao enclave turístico do Castro de Troña, na parroquia ponteareá de Pías, procedendo á limpeza e ao asfaltado do enlace que vai desde a estrada que sube ao barrio da Ermida ata o Castro de Troña . Ao mesmo tempo, ampliouse e asfaltouse a  zona de aparcadoiro para facilitar o estacionamento dos vehículos, tanto autobuses como particulares, para que o acceso a este enclave turístico sexa o máis doado posible e se favoreza as visitas a este elemento patrimonial do Concello de Ponteareas.

Conxúganse, pois, nestas actuacións, subliña o Goberno local, a mellora  do estado das estradas do municipio, enmarcadas dentro do Plan de mellora das infraestruturas viarias deseñado polo Concello de Ponteareas, con medidas que favorezan ao mesmo tempo o coñecemento dos enclaves turísticos de Ponteareas.