O concello limita a atención telefónica aos servizos esenciais

Poderase contactar con outros servizos a través da sede electrónica ou do correo electrónico

O Concello de Ponteareas informa á veciñanza da redución dos teléfonos para a atención cidadán a só aqueles servizos esenciais. Deste xeito, o Concello reducíu ao mínimo a presenza de traballadores e traballadoras en dependencias ou instalacións municipais.

Os servizos que se manteñen activos mediante atención telefónica son a Policía Local, os Bombeiros e Servizo de Emerxencias, Protección Civil, Centro de Información á Muller, Voluntariado, Residencia de Maiores, Axuda no Fogar, Servizos Sociais (para axudas de emerxencia), a limpeza viaria e recollida de residuos, o abastecemento de auga, vías, obras e alumeado (para incidencias urxentes). Ademais mantense aberto tamén o Mercado Municipal.

Así mesmo, seguirá en funcionamento a centraliña do Concello no 986 64 00 00 limitada a cuestións tamén de carácter urxente.

Os correos electrónicos dos diferentes servizos e departamentos continuan operativos ao igual que a sede electrónica.

O Concello lembra que están interrumpidos e suspendidos os prazos dos procedementos administrativos e de presentación de documentación así como os prazos de prescripción e caducidade.

DESCARGUE AQUÍ O PDF Información xeral do Concello de Ponteareas servizos e contactos 23.03.2020