A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, informa á cidadanía que xa pode consultar na páxina web do Concello, no botón COVID-19, as medidas urxentes complementarias que o Estado vén de publicar en relación ao Plan Estatal de Vivenda para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.
Entre as medidas urxentes que recolle o documento están as cuestións relacionadas coas moratorias de pagos de arrendamento, paralización de desahucios e prórroga dos contratos de arrendamento entre outros aspectos.
Tamén se pode acceder á publicación do BOE clikando directamente nesta ligazón http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/04/Medidas-urxentes-comp-ambito-social-e-econ-1-1.pdf
Ademais, Verónica Carrera informa que, de xeito excepcional, se prorrogará o bono social de electricidade durante este estado de alarma. Máis información nas seguintes ligazóns
– Bono social – https://www.companias-de-luz.com/el-bono-social/
– Bono social telefónico – https://www.zona-internet.com/bono-social-telefonico/
Para calquera dúbida os veciños e as veciñas de Ponteareas poden tamén chamar ao número de teléfono 986 64 17 47