O Concello informa que a Xunta de Galicia convoca subvencións para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas

As bases reguladoras para a concesión da subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, están no DOG do mércores 14 de decembro de 2016

A concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, informa das subvencións para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas (SAD) e agrupacións deportivas para o desenvolvemento de actividades deportivas.     

Poderán ser beneficiarios os clubs, SAD e agrupacións deportivas que estean inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte. Amais, é preciso que a entidade este dada de alta como xestor externo nas aplicacións Galicia Activa (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php) e a Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia Saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/), para a promoción dunha vida activa e saudable.

O prazo da presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte á publicación da resolución da convocatoria no DOG. Toda a documentación necesaria para presentar as solicitudes pode ser consultada nas bases publicadas polo Secretaría Xeral para o Deporte na súa web oficial: deporte.xunta.gal/