O Concello informa que a Deputación de Pontevedra convoca as subvencións a deportistas individuais

Estas axudas están destinadas a deportistas non profesionais que participen en eventos deportivos de carácter nacional –fóra da CC.AA. de Galicia- e internacional, incluídos no calendario oficial da federación

A Concellería de Deportes, dirixida por Benito Márquez, informa das axudas convocadas pola Deputación de Pontevedra para todos aqueles deportistas individuais, non profesionais, da provincia.

É obxecto destas bases específicas o outorgamento, mediante o procedemento de concorrencia competitiva ordinaria, de axudas económicas a deportistas individuais da provincia de Pontevedra, non profesionais, que participen en eventos deportivos de carácter nacional -fóra da Comunidade Autónoma de Galicia- e internacional, incluídos dentro do calendario oficial da federación correspondente. As persoas solicitantes poderán presentar, no marco desta convocatoria, proxectos de actividades deportivas realizadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o fin do prazo de presentación de solicitudes.

Toda a documentación necesaria para presentar as solicitudes pode ser consultada nas bases publicadas polo organismo provincial na súa web oficial: www.depo.es.