O concello e a hostalería preparan unha nova edición de Bocados de Outono

A concellería de Hostalería, Comercio e Consumo que dirixe Inés Vidal reúnese cos hostaleiros da cidade para deseñar unha nova edición de Bocados de Outono. Coa chegada da nova estación a hostalería ofrecerá, unha vez máis, da man da Concellería de Hostalería suculentas propostas gastronómicas a base de produtos de tempada. 

Deste xeito, os venres e sábados a partir do 26 de outubro e ata 10 de novembro a hostalería de Ponteareas sorprenderá aos seus clientes con tapeo de outono a prezos especiais que os consumidores poderán valorar para decidir que receita gaña esta nova edición de Bocados de Outono.