O concello delimita unha zona de seguridade para o tránsito escolar na rúa dos institutos

A concellería de Seguridade Cidadá, dirixida por Vanesa Fernández, instalou bolardos na rúa Feliciano Barrera que da acceso aos institutos de secundaria, IES Val do Tea e IES Pedra da Auga, para garantir un tránsito peonil máis seguro e unha axeitada convivencia co tráfico rodado.

Vanesa Fernández explica que se realizou unha zona cebreada con pasos de peóns delimitada con bolardos para protexelos do tráfico.

É unha medida máis para concienciar do uso correcto dos espazos e para que a mocidade aprenda a contribuir na mellora da súa propia seguridade”.

Ademais, a concellería de Seguridade Cidadá arranxou os pasos de peóns elevados no CEIP Fermín Bouza Brey atendendo as demandas da comunidade educativa e ultima as obras do plan de mellora dos pasos de peóns no casco urbano que se redactou recollendo tamén as necesidades trasladadas pola veciñanza.