O Concello de Ponteareas ten máis da metade dos policías locais de baixa

O Goberno local, desde a Concellería de Seguridade Cidadá, coordinada por Vanesa Fernández, garante a seguranza durante o tempo de ausencia destes efectivos, co apoio da Garda Civil

O Goberno municipal de Ponteareas quere transmitir á veciñanza que a seguridade nas próximas datas fica garantida, a pesar de ter doce policías locais de baixa por enfermidade dos dezanove que completan o cadro de efectivos. A concelleira de Seguridade Cidadá obtivo o apoio da Garda Civil para tentar paliar estas ausencias. “Esperamos que teñan unha pronta recuperación das súas respectivas enfermidades e que a Policía Local de Ponteareas poida funcionar a pleno rendemento nesta época estival, tan necesaria para garantir a seguranza de todas e todos os veciños da vila”, indicou Vanesa Fernández