O Concello de Ponteareas substituirá 656 colectores de residuos sólidos urbanos situados nas parroquias

 

ponteareas-recogeO Concello de Ponteareas procederá á renovación completa do parque de vehículos, maquinaria e demais equipamento do Servizo de Limpeza e Recollida do Lixo para prestar un mellor servizo á cidadanía. Así nestes días estase a proceder á substitución dos colectores de residuos sólidos urbanos das parroquias, instalando 656 novos colectores, dun total de 800 instalados no rural.

 

Con esta actuación, repóñense gran parte dos colectores situados nas parroquias, os cales na súa maioría e, a pesar dos labores de mantemento que con regularidade se veñen practicando, algúns deles cunha antigüidade superior a 15 anos, están vellos, sendo inviable o seu mantemento, rompendo e rachándose continuamente, dado o esgotamento da súa vida útil e a obsolescencia do plástico que conforman o seu corpo.

Os novos colectores incorporan serigrafiado no seu corpo, un cartel con indicacións sobre que tipo de residuos poden depositarse, así como lemas sobre a concienciación de non botar neles mobles e aparellos, informando do servizo e teléfono de contacto do Punto Limpo, servizo gratuíto axeitado onde se pode entregar este tipo de residuos.