Esta mañá, o alcalde de Ponteareas, Salvador González, acompañado do responsable do Servizo de Bombeiros de Ponteareas, Roberto Castro, recibiron na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, da man do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, un detector de gases con bomba de aspiración externa, motorizada e acopable, grazas ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e o Concello de Ponteareas, asinado en decembro de 2014, con fins de utilidade pública e interese social e de xeito especial para funcións de protección civil e emerxencias, a través do Servizo de Emerxencias.
O Goberno local manifesta a súa satisfacción pola cesión en propiedade deste detector de gases, grazas ao cal os Servizos de Emerxencias de Ponteareas contarán cun novo instrumento que redundará en beneficio e na seguridade de todos os veciños.