O Concello de Ponteareas presentou a súa programación de Nadal

presentación programación Nadal PonteareasO Concello de Ponteareas presentou a súa programación de Nadal

Haberá monicreques, danza, concertos, cantos corais, teatro, cine, animación de rúa, obradoiros, Ranchos de Reis, contacontos, exposicións de Beléns, concursos de Papá Noel, ou carreiras solidarias, entre outras actividades.

Este venres, día 12 de decembro, o alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González Solla, xunto ao concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, presentaron a ampla programación cultural para o Nadal, na que haberá actividades para todos os públicos, como espectáculos de monicreques, teatro, cine, animación de rúa, obradoiros, contacontos, Ranchos de Reis ou diversos concertos corais e de musica clásica, danza,  así como actividades deportivas solidarias, como a San Silvestre solidaria de Ponteareas ou exposicións de Beléns, así como a presentación do Calendario Galego de Ponteareas, entre outras, e que terán como colofón a tradicional Cabalgata de Reis e a chocolatada popular na Praza Maior. O Concello de Ponteareas quere agradecer tamén ás distintas asociacións que colaboraron con estas actividades.

Así mesmo, Ponteareas luce xa iluminada cos tradicionais adornos luminosos de Nadal, que dotarán de ambiente festivo as rúas e prazas de Ponteareas, dinamizando desta forma o concello desde o punto de vista turístico, hostaleiro e comercial. Segundo o goberno local, este ano fíxose un esforzo para poder aumentar as rúas e zonas ornamentadas para crear un ambiente de festa, que axudará a que a xente se anime a saír máis ás rúas e prazas e gozar da súa vila e das actividades programadas para estas festas de Nadal. Así pois, anímase a todos os veciños a gozar do Nadal e das múltiples actividadas programadas pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas.

Descarga o 

Programacion Nadal14 (33.3 KiB)