O Concello de Ponteareas presenta o plan de dinamización comercial

A proposta, que xa coñecen ás asociación de comercio e hostalería, prevé crear unha federación ou plataforma comercial para unir e actuar conxuntamente todo o sector

O Concello de Ponteares vén de presentar o plan de dinamización para revitalizar o comercio e hostalaría local, documento elaborado nos últimos meses pola consultoría Nortec, especializada neste tipo de informes. O  plan foi presentado polo alcalde, Xosé Represas, a nova concelleira de Comercio, Inés Vidal, a primeira tenente alcalde, María Jesús Garrote e o responsábel técnico da empresa, Pedro Almendros, no día de hoxe aos medios. Anteriormente, o mércores xa fora presentado aos representantes das asociacións de comerciantes, hostaleiros e da praza de abastos  d coa presencia de Pedro Almendros, responsable técnico do plan.

O estudo realizou unha análise da situación actual do conxunto de comercio e a hostalaría do núcleo urbano, especialmente dos principais eixos comerciais co obxectivo de realizar un diagnóstico dos principais aspectos que incidan na súa competitividade.

O Plan, que contempla actuacións ata 2019, está estruturado en 6 liñas estratéxicas: accesibilidade, movilidade e entorno físico do espazo urbano comercial; colaboración público-privada e cooperación empresarial; potenciación do centro da cidade como Centro Comercial Aberto competitivo; modernización e profesionalización co apoio ao comercio, hostalaría e servizos; potenciar a integración e a promoción de zonas como avenida Castelao; e, por último, promoción do Comercio e a Hostalería local, así coma mellora da súa imaxe.    

Estas liñas estratéxicas desenvolveranse en até 50 accións concretas, moitas delas responsabilidade directa do Concello, como mellorar o espazo público ou o apoio técnico e económico. Outras son de competencia do propio sector. Inés Vidal cualificou de ambicioso o Plan e manifestou que “os representantes das catro asociacións valoraron positivamente a iniciativa municipal e mostraron o seu interese en analizar o documento para pór en marcha o mesmo a curto prazo.”

Unha das medidas novidosas é a proposta de crear unha Federación ou plataforma do comercio e hostalería. “Unha medida necesaria para unir a todo o comercio, tamén aos que non están en ningunha asociacion, e para lograr un maior impacto na promoción comercial de Ponteareas”, recalcou o Alcalde

O Plan contempla medidas sobre aparcadoiros, sinalización urbana, acondicionamento dos principais eixos comerciais, accións de promoción de ventas e fidelización da clientela, etc. As asociacións teñen agora un tempo para analizar o documento antes de volver a manter unha xuntanza de traballo co goberno sobre as medidas máis inmediatas contempladas no Plan. Este documento tamén será presentado con todo detalle nunha reunión aberta a todo o sector.