O Concello de Ponteareas incrementa a frecuencia de lavado dos colectores de lixo

A empresa contratada garante a limpeza de 135 contedores no casco urbano e 850 distribuídos nas parroquias

Estes traballos están incluídos no contrato de limpeza e recollida do lixo coa empresa FCC  que se realiza durante o ano unha vez ao mes.

Lavcont.CL

O alcalde, e responsábel da área de Medio Ambiente, Xosé Represas  explicou que os 135 colectores do lixo do núcleo urbano, de 2400 litros de capacidade, e os 850, de 800 litros, nas parroquias foron lavados neste verán con maior cautela por mor das altas temperaturas. O alcalde requiriu da empresa unha maior frecuencia onde máis se usan os colectores nestas últimas semanas para evitar os malos cheiros.  De feito, os contedores terán unha nova limpeza antes das festas patronais dos Remedios.

A empresa concesionaria usa un camión especial cun depósito de 6.000 litros de capacidade para a limpeza dos colectores do lixo, que dispón doutro depósito de 6.000 litros para augas sucias. Amais, no casco urbano usan un furgón de limpeza con auga a  presión para as papeleiras e outro mobiliario urbano.

Lavado cont trasera2

O alcalde, Xosé Represas, aproveitou para agradecer a colaboración veciñal á hora de depositar o lixo en bolsas pechadas e durante a noite. Tamén solicita a cooperación veciñal para incrementar o proceso de reciclaxe, pola importancia que ten para o medio ambiente, separando plásticos, envases, cartón e vidro. “É fundamental coidar do noso medio, por nós e polas nosas fillas e fillos. Estamos obrigados a deixar o entorno natural nas mellores condicións para as futuras xeracións. Un bo proceso de reciclado, pode axudar a evitar un maior impacto negativo no medio ambiente”.