O Concello de Ponteareas homenaxeou a Alexandre Bóveda este domingo, día 16 de agosto, mediante un acto institucional que tivo lugar ás 12:00 horas no Salón de Sesións da Casa do Concello, contando coa presenza da filla e neta do homenaxeado, Amalia Bóveda Álvarez e Raquel García Bóveda. Neste acto proxectouse un breve documental e tivo lugar un coloquio sobre a figura de Bóveda. Ao remate, levouse a cabo unha ofrenda floral na rúa dedicada ao homenaxeado para, de seguido, ter lugar un pasacalle a cargo do grupo de gaitas “Pedra da Garza” de Fozara.
O día 17 de agosto conmemórase o “Día da Galiza Mártir”, data na que Alexandre Bóveda foi asasinado en 1936. Co gallo desta data, o Concello de Ponteareas celebrou este acto en homenaxe á figura deste nacionalista galego.