O vindeiro día 1 de maio, Ponteareas vivirá unha nova edición do Día da Picaraña, unha das celebracións que contan cunha maior participación de veciños e veciñas de todas as idades. Unha festa que se vive, con toda a súa intensidade, o sabor das romarías populares.
Dado que son moitos os mozos e mozas que, dende sempre, acampan xa dende a noite anterior á celebración da festa, a Oficina Municipal de Información Xuvenil ( OMIX ), do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Xuventude, quere lembrarlles que, segundo a lexislación vixente, a acampada libre esta prohibida.
Para poder acampar sin ningún tipo de impedimento, os interesados e interesadas, poderán facelo de xeito totalmente gratuito, nos terreos do albergue xuvenil de A Picaraña, propiedade do Concello de Ponteareas. Para isto, so terán que se inscribir na oficina da OMIX, nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ponteareas, na rúa A Perillana. Lembramos que a inscrición é totalmente de balde.