O Concello de Ponteareas estará totalmente saneado no ano 2016

logo3Ante os diferentes datos publicados estes días nos medios de comunicación acerca da débeda dos municipios, a Concelleira de Facenda, Belén Villar, aclara que o Concello de Ponteareas, dacordo coa información facilitada polo Ministerio, a Débeda Viva a finais do ano 2013 era de 7,65 millóns de euros, e durante os tres primeiros meses deste ano 2014 xa se reduxo ata os 7,13 millóns de euros. Polo tanto, non hai un incremento do pasivo deste Concello, nin bancario nin comercial.

Segundo a Concelleira de Facenda o ano 2013 pechouse cunha reducción da Débeda Viva, co cal estamos na liña que nos marcamos como Goberno, cumprindo así co Plan de Saneamento Económico Financeiro que elaboramos dende a Concellería para os anos 2014-2016, que foi aprobado polo Pleno municipal, e que vai permitir que a finais do ano 2016 este Concello teña totalmente cancelada a súa débeda comercial.

Segundo Belén Villar, este Concello nos últimos anos non incrementou as súas débedas, nin comerciais nin bancarias. As débedas cos proveedores eran de 8,2 millóns de euros, e a día de hoxe son 5,85 millóns de euros, houbo unha reducción de 2,35 millóns de euros. E as débedas con entidades bancarias eran de 1,72 millóns de euros a finais do 2012 e un ano despois son de 1,28 millóns de euros, co cal reduxéronse en 440.000eu.

Polo tanto, afirma a Concelleira, os datos non minten, e o esforzo que está a facer este Goberno para sanear o Concello queda reflexado día a día nas contas municipais.