Yaiza López Torres, Iván Amoedo Troncoso e Damián Álvarez González son os gañadores
Todas as fotografías que participaron no concurso serán expostas na Biblioteca Municipal a partir do martes 8 de setembro
A concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, vén de facer entrega dos premios do primeiro certame de fotografía amateur organizado polo propio consistorio. O xurado acordou entregar o primeiro premio a Yaiza López Torres pola súa obra “Tradición nun manto de flores”; o segundo a Iván Amoedo Troncoso pola súa imaxe “Simetrías na noite”; e o terceiro galardón a Damián Álvarez González pola súa fotografía “De cruces”.
Todas as fotografías presentadas ao certame, un total de 17, serán obxecto dunha exposición que terá lugar na Sala Multiusos da Biblioteca Municipal a partir do 8 de setembro.
Bautista quixo agradecer a participación de todos os concursantes, cos que “agarda seguir colaborando en vindeiras edicións”.