O Concello de Ponteareas e MicroBank subscriben un convenio de colaboración para incentivar a actividade emprendedora

O banco abrirá unha liña de crédito de ata 1 millón de euros

O convenio asinado entre o Concello de Ponteareas e MicroBank facilitará o acceso ao financiamento de emprendedores para contribuír á posta en marcha de novos negocios, co o obxectivo de potenciar a creación de emprego.

MicroBank é a única entidade en España dedicada exclusivamente ao financiamento de necesidades persoais e proxectos empresariais e de negocio a través de microcréditos.

O alcalde do Concello de Ponteareas, Xosé Represas, a directora de Márketing e Comercial de MicroBank, Núria Danés, e o director da Área de Negocio de Pontevedra Sur de CaixaBank, Igor de las Heras, firmaron un convenio de colaboración para facilitar o financiamento de proxectos empresariais a través de microcréditos.  Coa sinatura deste acordo establécese unha liña de financiamento de 1 millón de euros. Os beneficiarios serán persoas físicas e microempresas con menos de dez traballadores e unha facturación anual inferior aos dous millóns de euros.

fotoconveniomicrobank3

Os solicitantes poderán optar a microcréditos ata un importe máximo de 25.000 euros (cun límite do 95% da inversión). Os proxectos deberán contar cun plan de empresa e o informe favorable de viabilidade elaborado polo Concello de Ponteareas.

O criterio de concesión de microcréditos por parte de MicroBank atende fundamentalmente á confianza na persoa ou na equipa que solicita o préstamo e á viabilidade do proxecto, pudendo acceder persoas carentes de garantías e avais.

En virtude deste acordo, o Concello de Ponteareas comprométese a detectar as necesidades de financiamento, dirixidas a promover o autoemprego e ao establecemento, consolidación ou ampliación de microempresas e negocios de autónomos, así como a facilitar servizos de soporte y asesoramento empresarial, analizar a viabilidade do proxecto e orientar ás persoas físicas ou xurídicas asesoradas pola corporación municipal a MicroBank para que este analice, e no seu caso aprobe, as solicitudes de financiamento.

O Concello de Ponteareas, a través do Centro de Desenvolvemento Local, realiza diversas acciones encamiñadas á xeración de emprego e á creación de oportunidades de negocio co obxectivo de facilitar a cohesión social e territorial. Entre as iniciativas levadas a cabo, destacan a formación de desempregados -especialmente dos colectivos con máis dificultades de acceso ao mercado de traballo-, a orientación profesional para a procura activa de emprego e o apoio a emprendedores e autónomos a través do asesoramento nos trámites precisos para a posta en marcha da súa empresa.

“Con este convenio, o Concello pretende fomentar a creación de emprego e reactivar a economía e o comercio, facilitando á reincorporación ao mercado de traballo de moitas persoas con formación e proxectos viables que ata o de agora non puideron levar á práctica por falta de medios económicos ou de avais”, indicou o alcalde Xosé Represas, responsable da área de Desenvolvemento Económico e Emprego.

Durante o exercicio de 2015, MicroBank concedeu en Galicia un total de 735 préstamos destinados a autónomos, emprendedores e microempresas por un importe de 7,8 millóns de euros. Para financiar proxectos persoais e familiares, o banco aportou 16,9 millóns a 3.291 iniciativas.