O Concello de Ponteareas convoca unha praza de técnico ou técnica de Medio Ambiente

O Concello de Ponteareas convoca unha praza de técnico ou técnica de Medio Ambiente

 

O seu contrato será de tres anos e o seu traballo permitirá facer máis eficaz o labor diario da concellaría que dirixe Rosa Covelo

 

O Concello de Ponteareas acaba de convocar unha praza de técnica ou técnica de Medio Ambiente. Unha figura profesional que, cun contrato de 3 anos, permitirá a concellaría, que dirixe Rosa Covelo, avanzar na tramitación e apertura de expedientes. “Será, sobre todo, unha figura que facilitará en gran medida o labor de facer cumprir a lei de prevención fronte aos lumes”.

 

As persoas interesadas neste posto de traballo e que superen o proceso selectivo pasarán a formar parte da listaxe de selección de persoal temporal no Concello de Ponteareas, coa finalidade de ser utilizadas como sistema preferente para a cobertura de contratacións e nomeamentos de carácter temporal, para prazas ou postos de traballo na categoría de técnico ou técnica de Medio Ambiente.

 

Máis información sobre a convocatoria aquí.