O concello de Ponteareas convoca un concurso de fotografía para escoller as fotos que formarán parte do Calendario Galego de Ponteareas 2020

A Concellería de Cultura e Lingua, que dirixe Fernando Groba Bouza, informa que xa están publicadas as bases do “Concurso de Fotografía Calendario Galego de Ponteareas 2020” que este ano convoca o Concello de Ponteareas coa finalidade de seleccionar as fotografías que formarán parte do calendario municipal que o Concello de Ponteareas edita desde hai anos.

O concurso é de participación aberta e nel poderá participar calquera persoa nada antes de 2004.

O tema das fotografías debe estar relacionado co concello de Ponteareas: paisaxe, urbanismo, eventos, monumentos, festas e romarías.

O prazo para a presentación de fotografías abranguerá do 19 de setembro ao 8 de novembro de 2019.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na web municipal e para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Ponteareas ou clikar no enlace https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/

Segundo o concelleiro de Cultura e Lingua do Concello de Ponteareas, Fernando Groba Bouza, a través deste concurso preténdese que o calendario do vindeiro ano sexa unha mostra de Ponteareas a través dos ollos da cidadanía.