O Concello de Ponteareas convoca 2 prazas de funcionario administrativo interino

O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 16 marzo

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou, o pasado xoves, 2 de marzo, as bases polas que se rexerá a convocatoria realizada polo Concello de Ponteareas a contratación de dous prazas de funcionarios interinos integradas no Grupo C, subgrupo C1

A esta convocatoria de oposición libre, poden presentarse todas as persoas interesadas que cumpran os requisitos esixidos e que poden ser consultados na web do Concello de Ponteareas, na súa sección de Emprego Público (http://ponteareas.gal/oferta-emprego-publico/), no Departamento de Persoal ou no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello, tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes remata do día 16 de marzo.

Posteriormente, o procedemento selectivo ─que pode consultarse de xeito detallado na antedita páxina web do Concello de Ponteareas─ consistirá na superación dos seguintes exercicios, todos eles obrigatorios e eliminatorios:

Proba teórica.

A primeira proba consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de preguntas tipo test de 50 preguntas máis 4 de reserva, de carácter teórico, cada pregunta con catro opcións de resposta e unha única resposta acertada, todas elas preguntas referidas ao temario de materias que se adxunta como anexo II ás presentes bases.

Proba práctica

A segunda proba, consistirá na realización por medios informáticos, dun ou varios supostos prácticos de carácter procedimental e administrativo relativo/s as tarefas administrativas e cometidos propios da subescala, que terán relación coas materias específicas do temario que figura no anexo II, que formulará o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio.

Neste exercicio valorarase a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución do/s problema/s práctico/s presentados así como o coñecemento práctico a nivel de usuario dos conceptos básicos de informática relativos ao tratamento de textos, folla de cálculo e Internet.

Esta proba ten dúas partes diferenciadas de carácter eliminatorio: una práctica de carácter procedimental e administrativo e outra relativa ao coñecemento a nivel de usuario dos conceptos básicos de informática relativos ao tratamento de textos, folla de cálculo e Internet.

Coñecemento da lingua galega

Consistirá nunha tradución dun texto do castelán ao galego ou viceversa, proposto polo tribunal, será obrigatorio e non eliminatorio.

Estarán exentos de realizar este exercicio as/os aspirantes que indiquen na súa solicitude de participación (ANEXO I) que están en posesión do CELGA 4 ou equivalente e así o acrediten no prazo previo á realización da proba de galego que habilite o tribunal ao efecto, que se publicará no taboleiro do Concello e na páxina web www.pontearaes.es

O Goberno local de Ponteareas quere, con este proceso de selección, “garantir a igualdade de oportunidades” e respectando, de xeito escrupuloso, a transparencia en todo o proceso selectivo.

A convocatoria permitirá cubrir dúas vacantes de funcionarios por xubilación. Unha vez rematado o proceso e coñecido o seu resultado, a incorporación das persoas seleccionadas sería inmediata.

Con esta convocatoria o goberno local pretende cubrir 2 vacantes de funcionarios por xubilación. Unha vez rematado o proceso de selección a incorporación sería inmediata, nun dos casos para o departamento de secretaria e a outra praza para contratación

Amais, as persoas que superen o proceso selectivo pero que non acaden a praza, pasarán a formar parte dunha bolsa de emprego para cubrir vacantes en interinidade que existen actualmente no cadro de persoal, ou para os casos de baixa por enfermidade ou para reforzo de tarefas.