O proceso de selección xa está pechado e non se admiten máis inscricións
O contrato terá unha duración de 6 meses e a persoa seleccionada traballará a xornada completa
Este técnico administrativo axudará nos labores de xestión do obradoiro de emprego que comezará o vindeiro mes de setembro
O Concello de Ponteareas contratará un Técnico Superior en Administración que comezará a traballar o vindeiro mes de setembro. O obxectivo desta contratación é que esta persoa poida axudar na xestión administrativa do obradoiro de emprego que dará comezo ese mesmo mes.
O contrato, que terá unha duración de 6 meses, será baixo a modalidade de obra ou servizo. A persoa seleccionada traballará a xornada completa en horario de mañá e terá que acreditar unha experiencia previa mínima de 12 meses como administrativo ou auxiliar de administrativo. O proceso de selección xa está pechado e non se admiten máis inscricións.
Este obradoiro permitirá a creación doutros 25 postos de traballo: 3 mestres, un director e un titor do propio obradoiro e 20 persoas que participarán como alumnos no obradoiro cunha asignación económica, empregados polo concello baixo a modalidade de contratos de formación e aprendizaxe.