O Concello de Ponteareas contrata por un ano a 20 persoas perceptoras da RISGA

Nestes días, o Concello de Ponteareas está a rematar o proceso de selección de 20 persoas perceptoras da Renta de Inclusión Social de Galicia (RISGA) para a súa incorporación na vindeira semana para realizar o seu traballo mellorando os espazos públicos e prestando servizos á cidadanía de xeito que toda a veciñanza resulte beneficiada. 

A Xunta de Galicia subvenciona a contratación por un período de sete meses e neste momento a solvencia económica do Concello permite que o goberno poida financiar, con fondos propios, a prolongación destes contratos en cinco meses máis ata completar un ano.  Con esta decisión, o goberno presidido por Xosé Represas consegue que os beneficiarios deste plan de emprego coticen máis meses e teñan máis dereitos. 

A economía saneada polo actual goberno de Ponteareas permite a prolongación do contrato de vinte persoas en situación de risco de exclusión social perceptoras de la Risga, programa que ten como obxetivo facilitar o acceso ao mercado laboral dos mais desfavorecidos. ““Xerar emprego é o piar básico para o benestar por iso unha vez que a economía está saneada podemos comezar a mellorar a economía das familias e a cidade en sí mesma. Os esforzos deste goberno están centrados en dar calidade de vida á cidadanía, mellorando os servizos municipais e espazos públicos mais tamén as condicións deste tipo de contratos laborais”, explica Xosé Represas. 

A incorporación de 9 peóns de medio ambiente, 2 auxiliares administrativos, 3 peóns de vías e obras, 3 oficiais de terceira, 1 guía e 2 camareiros limpadores na vindeira semana permitirá reforzar a plantilla para os traballos mais necesarios nestes meses, de desbroces, posta a punto dos colexios, ….