O Concello de Ponteareas continua coa rehabilitación do mercado municipal

_55A8110O concello de Ponteareas, invertirá 200.000 euros para continuar coas obras de rehabilitación do mercado de abastos e actividade de mentoring comercial. Para elo, o concello, ven de recibir unha axuda de 150.000 euros, da Consellería de Economía e Industria, o que supón o75% do coste total do proxecto que acada os 200.000 euros, asumindo o concello o 25 % restante. A xuda, enmárcase no programa de subvencións aos concellos de Galicia, para a mellora de mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo FEDER no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Compre lembrar que en xaneiro deste ano tivo lugar a inauguración da remodelación do nivel 1, que agora conta con coarenta postos de venta. As obras supuxeron unha reforma en profundidade en relación a execución de novos postos de venta abertos, renovación das instalacións eléctricas, de fontanería e saneamento, dotación  de alumeado, colocación de falso teito, renovación da carpintería de aluminio con regulación térmica e que impide a entrada de insectos e outros animais, impermiabilizacións, novos pavimentos, mobiliario, etc…

As obras que se acometerán neste nova fase e que terá que estar rematadas neste ano, comprenden, a reforma integral da cuberta, canalizacións e baixantes, sumideiros,  renovación do pavimento do nivel 2, sustituindo por un similiar ao do nivel 1, sustitucións de ventanas existentes sobre os postos no nivel 2, renovación de barandas e pavimentos en escaleiras interiores así como a execución de rampas de acceso principal, suprimindo barreiras arquitectónicas no nivel 2.

Tamén hai que destacar, que paralelamente as obras, levarase a cabo por primeira vez unha actividade de asesoramento-formativo, dirixida ao “Mentoring comercial”, na que participaran os praceiros e a través da cal, se mellorarán aspectos do merchandising no punto de venda como: habillidades de venda, atención ao cliente ou estratexias en facebook para a promoción do mercado municipal.

O alcalde Solla, unha vez coñecida a concesión desta nova subvención, destacou que “acometer a reforma integral da  cuberta e outra obras menores, non son un feito illado, senón que supoñen a continuidade da profunda reforma que o concello está a levar a cabo no mercado municipal e que con esta nova actuación, o investimento total ata o día de hoxe, na remodelación do mercado de abastos de Ponteareas, supón perto de 700.000 euros, dos que o 75% foron subvencionados pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, O 25 % restante con cargo aos orzamentos do Concello de Ponteareas”.

Pola súa banda, a concelleira de comercio Marisol Valado, sinalou que “con esta subvención, materialízase que parte dos 4 millóns de euros que a Consellería de Economía e Industria destina ao impulso do comercio de proximidade, cheguen a Ponteareas” e subliña: “ solicito a colaboración dos praceiros e dos usuarios en xeral, para paliar as incomodidades momentáneas destas obras de actualización, tremendamente necesarias, para a mellora das condicións técnicas e hixiénicas nas que se atopa dita planta, e as necesidades de adaptación a normativa vixente” subliña Valado.

 

Finalmente o alcalde, agradece a Direccion Xeral de comercio o apio prestado nos derradeiros anos ao concello de Ponteareas, conquerindo deste xeito unha revalorización do mercado municipal, adaptado as esixencias dos consumidores, que se constitúe no eixo vertebrador e dinamizador da economía local.