O Concello de Ponteareas conmemorou este luns o Día Internacional da Muller

diamullerO salón de sesións do Concello de Ponteareas acolleu o acto institucional conmemorativo do Día Internacional da Muller coa finalidade de homenaxear e visibilizar a todas as mulleres.

O acto estivo presidido polo alcalde, Salvador González Solla, acompañado das concelleiras de Servizos Sociais, Muller e Emprego, Rosa Mª. Carrera Álvarez e Marisol Valado Pérez, xunto con Olga Rodríguez Pereira, empresaria do sector agropecuario, quen fixo unha exposición sobre o inicio da súa inquietude emprendedora, animando a todas as mulleres a que o feito de ser muller non constitúa unha traba para o desenvolvemento dunha actividade empresarial. Ao remate do relatorio, rendeuse unha homenaxe a todas as mulleres ponteareás, este ano na figura de dona Marcelina Guisande Nogueira por toda unha vida de traballo.

 

A continuación leuse un manifesto institucional, consensuado polo grupo municipal do Partido Popular e Alternativa Ciudadana de Ponteareas, grupos que apostaron polo consenso neste acto institucional. Como clausura ao acto, gardouse un minuto de silencio polas mulleres falecidas durante este ano e convidouse aos presentes a asinar o citado manifesto lido no acto.