O Concello de Ponteareas condenado a pagar máis de 200.000 euros por non saldar unha obra de 2006

A reclamación dunha empresa de construción foi debida a unha obra para a mellora dos tramos urbáns nas estradas de Ponteareas, iniciadas en xuño de 2006 e que os anteriores Gobernos do Partido Popular non aboaron, a pesar da empresa ter certificado as cantidades

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou a apelación do Concello de Ponteareas á sentencia do 30 de abril de 2015 do Xulgado nº1 do contencioso-administrativo. Esta obriga á institución local ao pago inmediato de máis de 203.364 euros, máis os intereses legais e os custes procesuais.

A empresa argumentou no xuízo que certificara en tres diferentes ocasións as obras realizadas por importes de 90.154 euros, a 52.549 euros e 127.753 euros.

Agora, o Concello terá que aboar esta cantidade debido a unha mala praxe na xestión dos recursos públicos dos anteriores Gobernos, presididos polo PP, que non pagaron en tempo e forma ao provedor dunha obra realizada.

Esta nova condena confirma, unha vez máis, o desleixo e a nefasta xestión económico dos anteriores gobernos, causando un grave prexuízo por non atender ás obrigas dos contratos que realizaran, privando neste momento de recursos para atender necesidade básicas da cidadanía, por destinalos a pagar esas débedas con elevados intereses de demora e costas xudiciais, cuestión que o actual Goberno está decidido a rematar para evitar maiores males no futuro.

Esta é unha nova sorpresa desagradable a sumar a outras moitas das que xa deu conta o actual Goberno no seu primeiro ano de mandato.