O Concello de Ponteareas condenado a pagar 37.506€ a SGAE

O Concello de Ponteareas condenado a pagar 37.506€ á Sociedade General de Autores polo dereitos impagados de 2005 a 2015. Unha nova condea de débedas atrasadas do governo anterior que o governo fará frente nas vindeiras semanas.
A condena é pola reclamación dos correspondentes a dereitos de autor devengados pola reproducción non autorizada de obras protexidas por dereitos de propiedade intelectual, pola interpretación de obras teatrais e actuación de orquestras facturadas desde o 2005 e 2015.
“Unha vez máis o concello de Ponteareas ten que estar pagando os erros de governos pasados non podendo destinar os cartos ás necesidades reais dos veciños e veciñas”, explica o Alcalde, Xosé Represas.
Dende este governo a primeira medida que se tomou para evitar contraer débedas e garantir o cumprimento da lexilación incluíndo en tódolos contratos que se asinen coa distintas orquestras, compañías de teatro e demais actuación que xeneren dereitos de autor a cláusula na que se contempla que o autor/orquestra/compañía comprométese a liquidar e pagar os dereitos de autor directamente a SGAE ou entidade equivalente que ostente os dereitos de autor das obras obxecto de divulgación, sendo requisito imprescindible para o pago dos honorarios que devengue por contrato e que acredite ante o órgano de intervención municipal ter aboados ditos dereitos de autor, sen o cal non se lle pagará de ningún xeito, poñendo en coñecemento do interventor esta circunstancia.