O Concello de Ponteareas celebra o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con lecturas públicas, exposicións, concursos, agasallos, pancarta conmemorativa e recitais da obra da poeta de Padrón

O concelleiro de Cultura nun momento da lectura públicaO  Concello de Ponteareas celebra o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con varias actividades que desde hoxe, día 24 de febreiro, día do aniversario do nacemento da poetisa universal, e durante todo o mes, se levarán a cabo na Biblioteca Pública Municipal.

No día de hoxe a Biblioteca Municipal acolleu a apertura de diversos actos conmemorativos do Día de Rosalía, sendo o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, o encargado de iniciar a  lectura pública aberta a todos os veciños que quixeron lembrar a Rosalía de Castro a través da lectura dos poemas que converteron á nosa poetisa na máis coñecida e recoñecida a nivel universal. Ademais, deste acto de lectura da obra rosaliá, o edil de Cultura inaugurou a exposición de debuxos e poesías realizados polos escolares de Primaria de Ponteareas que participaron nun concurso que establecía dúas categorías e cuxos gañadores serían obsequiados cun lote de libros.  Esta exposición poderase contemplar na sala multiusos da biblioteca desde o día  24 de febreiro, propio día do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, ata o 5 de marzo, desde as 8:00 h ata ás 21 horas ininterrompidamente, de luns a venres, e os sábados dende as 11 ata as 14 horas. Os escolares participantes visitarán tamén o venres a Biblioteca Pública Municipal para contemplar a exposición dos seus debuxos.

O vindeiro venres, día 27 de febreiro, os amantes da poesía rosaliá poderán gozar dun recital especial sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, a cargoO concelleiro de Cultura ante a pancarta conmemorativa do Día de Rosalía de Carmeliña García e Xan Dacosta, encargados de dar voz á iniciadora do Rexurdimento Galego, ás 20:30 horas na Sala de Usos Múltiples da Biblioteca Pública Municipal.

Tamén, durante todo o mes de febreiro, Rosalía de Castro farase visible na fachada da Biblioteca Pública Municipal grazas a unha pancarta conmemorativa co rostro e fragmentos da poetisa e os usuarios da Biblioteca serán agasallados  con  marcapáxinas con versos de Rosalía de Castro.

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, felicitou a todos os veciños que se achegaron ata a Biblioteca a participar dese día tan sinalado lendo ou sendo partícipes da lectura da obra da insigne poeta universal. Así mesmo, quere felicitar aos alumnos e aos centros escolares participantes polos seus traballos e por colaborar nesta iniciativa tan importante como é difundir a obra de Rosalía de Castro