O Concello de Ponteareas asinou hoxe coa Consellería de Educación o acordo para a mellora da instalacións educativas

O protocolo de colaboración permitirá a realización de pequenas obras nos centros educativos de primaria durante o período estival

O Concello de Ponteareas, mediante firma do seu Alcalde Xosé Represas, e a Consellería de Educación, coa sinatura do conselleiro Román Rodríguez, procederon a realizar o protocolo de colaboración para levar a remate unha serie de obras que terán como obxecto a mellora, reparación e restauración de diferentes instalacións educativas da vila do Tea.

O importe das obras de mellora a acometer e pequenas obras de mantemento nos colexios son aportados pola Consellería con 57.000€. Amais, o Concello aportará 26.000 euros como novo investimento e sufragará a obra de cuberta da pista polideportiva do CEIP Fermín Bouza Brey cun investimento de 199.000€. Estas actuacións iniciaranse unha vez remate o presente curso escolar, durante o período estival.

Foto Alcaldes

Estiveron presentes na sinatura a concelleira de Ensino de Ponteareas, Cristina Fernández, o responsable da Delegación Territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares e mais o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís.

O convenio servirá para reformar a cuberta do CEIP Santiago de Oliveira, ademais de para outro tipo de melloras no CEIP Nosa Señora dos Remedios, no CEIP Feliciano Barrera e no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, nas que participará o Concello de Ponteareas aportando partidas económicas municipais e man de obra.

A parte do convenio asinado, a Consellería de Educación comprometeuse a investir 200.000 euros na restauración da nave de automoción do IES Pedra
de Auga debido os danos causados polo incendio ocorrido no pasado mes de novembro de 2015.