O Concello de Ponteareas aprobou diversos proxectos de obras por valor de preto dun millón de euros.

concelloA Corporación Municipal do Concello de Pontearas na sesión deste venres, día 27 de marzo, aprobou 13 proxectos de obras que se levarán a cabo no Concello de Ponteareas e que suporán un investimento de preto dun 1.000.000 de euros,  que irán destinados a obras prioritarias e necesarias, relativas a iluminación pública, humanización de rúas, mellora de instalacións deportivas, saneamento , acondicionamento de centros culturais das parroquias, abastecemento de auga, ademais da construción dunha pasarela metálica no vial de Acceso a Canedo, así como a construción do paseo fluvial do Río Tea, tramo final Fozara- Padróns, que conectará Ponteareas con Mondariz.
O Pleno da Corporación Municipal prestou a aprobación proxectos de acondicionamento de locais de centros culturais, como o de Ribadetea, Arcos e Angoares por un valor total de preto de 200.000 euros para axudar a que os centros de reunión dos veciños se atopen nas mellores condicións.

Outra parcela importante de proxectos aprobados é a relativa a obras de abastecemento de auga nos barrios e así aprobáronse os relativos ao abastecemento de auga ao barrio da Ribeira do Río, en Moreira, e o de abastecemento de auga e reposición de beirarrúas na Urbanización A Freixa, que suporá un investimento total de máis de 88.000 euros.

 

 

 

 

 

 

 

 

As instalacións deportivas e educativas serán tamén obxecto de mellora para o cal se acometerán obras de substitución da cuberta do pavillón municipal, así como a ampliación e cubrición da pista polideportiva do CEIP Fermín Bouza Brey, que significarán un investimento de preto de 400.000 euros.

Continuando cos proxectos de mellora e humanización das rúas de Ponteareas, aprobouse o proxecto de humanización das rúas Camelias, Salgueiro e outras, nas que se acometerán obras por valor de 57.000 euros.

Así mesmo, aprobouse o proxecto de creación dunha pasarela metálica no vial de acceso ao barrio de Canedo, cun orzamento de máis de 73.000 euros.

Dentro do plan de saneamento integral das parroquias de Ponteareas, aprobouse o proxecto de saneamento integral da parroquia de Bugarín, fase IV, que significará un investimento superior aos 38.000 euros.

Finalmente, prestouse tamén aprobación ao proxecto”Paseo fluvial do Río Tea, tramo Fozara- Padróns”, por valor de 147.024,71 euros.

O alcalde, Salvador González, amosa a satisfacción pola aprobación polo Pleno de todos estes proxectos que redundarán en beneficio de toda a poboación e que serán licitados en breves datas para converterse nunha realidade.