A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, entregoulle, onte domingo, ao stand e restaurante “Vila do Corpus-Ponteareas”, de Cátering Galicia, o Primeiro Premio ao mellor restaurante e stand na XVI edición do Salón Galego da Gastronomía e Turismo, Xantar 2015”, que tivo lugar desde o día 4 ao 8 de marzo de 2015 en Ourense.
O stand e restaurante “Vila do Corpus-Ponteareas”, de Cátering Galicia, é o quinto ano que, patrocinado polo Concello de Ponteareas, representa neste salón internacional de Expourense a gastronomía do municipio. Ao stand achegouse ao longo destes días numeroso público, que foi obsequiado coas exquisitas rosquillas de Ponteareas e grazas ao cal prétendese, en palabras do edil de Turismo, Andrés Sampedro Fernández, “dar a coñecer a riqueza gastronómica de Ponteareas, converténdose nun dos motores turísticos da vila, xunto coa maior fonte de riqueza de atracción turística que é a celebración do Corpus Chirsti, Festa de Interese Turístico Internacional, que ano a ano congrega en Ponteareas a milleiros de visitantes”.
O alcalde, Salvador González Solla, amósase moi satisfeito pola consecución deste galardón por parte do stand “Vila do Corpus- Ponteareas” e felicita á empresa Cátering Galicia pola excelencia e esmero da súa empresa, pioneira do cátering en Galicia.