O Concello de Ponteareas apoia as mobilizacións dos pensionistas retornados ante a delegación do Ministerio de Facenda

Os afectados polas medidas fiscais do Goberno de España , que impoñen unha dobre imposición tributaria aos pensionistas desde 2011, concentráronse onte ante a delegación do Facenda para seguir coas protestas ante a súa inxusta situación. O Concello de Ponteareas quere sinalar de novo o seu apoio á súa causa. O pleno da Corporación Municipal aprobou varias declaracións neste sentido en reiteradas ocasións nos pasados meses.