O Concello de Ponteareas adquire un novo vehículo para o parque de bombeiros

pick-up-bomberos-4O Concello de Ponteareas acaba de incorporar un novo vehículo, modelo pick up, ao parque de bombeiros da vila. Esta adquisición axudará nos labores de rescate de persoas, especialmente naquelas zonas de máis difícil acceso.

Trátase do primeiro vehículo desta modalidade no parque de bombeiros ponteareán e conta con equipos que permiten a excarceración e o rescate en altura.

Grazas a iso, este vehículo será de gran axuda para atender a aquelas persoas que sufran accidentes en zonas illadas, como pode ser o caso dos conductores de camións ou de tractores. Ademais, tamén servirá para transportar a barca motorizada da que dispón o corpo de bombeiros de Ponteareas.