O Concello de Ponteareas abre expedientes sancionadores por vertidos incontrolados de lixo

O Goberno local agradece a colaboracion da veciñanza ante este tipo de infraccións nas rúas e barrios de Ponteareas.

Xa son cinco expedientes abertos a veciños e veciñas de Ponteareas por poñer o seu lixo na rúa ou en espazos públicos nos que non está permitido. Segundo a Ordenanza municipal da limpeza da vía pública da vía pública e recollida de residuos sólidos urbanos todos os cidadáns están obrigados a coidar da limpeza da vía pública, así como teñen dereito a denunciar infraccións das que teñan coñecemento. O Goberno local agradece a colaboración cidadá para tentar frear este tipo de infraccións.

Cabe recordar que está prohibido botar na vía e espazos públicos toda clase de residuos, desperdicios, tanto en estado sólido coma líquido ou gasoso. Os produtores de residuos deberán depositalo nos contedores así dispostos polo Concello ou ben no punto limpo nos horarios establecidos.

O importe das sancións será en caso de ser leves de até 150,25 euros, en caso de ser graves de 150,26 a 601,01 euros e, por último, se son moi graves de 601,02 a 6010,12 euros. As infraccións reincidentes cuantificaranse nun 25% máis ao que lle corresponda polas súas características.