O Concello conta con catro novos bolseiros financiados pola Deputación de Pontevedra

Ao inicio deste mes de maio incorporáronse para exercer nos departamentos de Tesourería, Comunicación, Urbanismo e Atención Primaria dentro do Plan de Práctica Laboral provincial

Os bolseiros levarán a remate tarefas nas súas áreas específicas durante 6 meses, prorrogábeis outros 6 máis. A Deputación de Pontevedra asume a súa completa retribución dentro do Plan de Práctica Laboral no que outorgaron 200 bolsas a candidatos entre diferentes municipios da provincia. O Concello de Ponteareas, por unha beira, abre as súas portas a unha oportunidade laboral para os mozos e mozas e mais, por outra, o Concello completa o seu cadro de persoal nestes departamentos.