O Concello de Ponteareas adxudica o contrato de obra PROXECTO PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO MUNICIPAL EN AQUELCABO (PADRÓNS) e MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NO LUGAR DE GANADE (AREAS) á empresa NAROM S.L.
O importe do contrato de obra para a pavimentación dos camiños en Aquelcabo ascende a 16.130,31 euros e un IVE de 3.387,37 euros, o que supón un total de 19.517,68 euros, así como un aumento no prazo de garantía de 60 meses adicionais.
Pola súa parte, o importe correspondente adxudicado para a mellora de camiños en Ganade suma 44.901,59 euros e un IVE de 9.429,33 euros, o que supón un total de 54.330,92 euros, así como un aumento no prazo de garantía de 60 meses adicionais.