O concelleiro de Servizos Sociais informa aos usuarios e usuarias do CRA

O concelleiro de Servizos Sociais, Manolo Troncoso, informa aos usuarios e usuarias do centro de reparto de alimentos (CRA) que ademais de recoller alimentos no CRA de Ponteareas poden beneficiarse da axuda doutras entidades e asociacións de axuda sen que iso implique dalos de baixa no centro de reparto de Ponteareas.

“Por un erro administrativo comunicouse a algúns beneficiarios que era incompatible recibir alimentos de diferentes centros pero iso é incorrecto. O noso centro da cobertura a máis de cen familias nunha situación de precariedade económica e con serias dificultades para ter acceso a unha alimentación básica. E moitas destas familias reciben tamén axuda de distintas institucións”, explica Manolo Troncoso.

O concelleiro informa de que o CRA de Ponteareas recibe os alimentos do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) e para iso debe cumprir unha serie de obrigas impostas pola normativa interna, para dar cumprimento a un dos requisitos  desta normativa enviouse un comunicado aos usuarios e usuarias que recollía nun dos seus puntos o citado erro. 

Manolo Troncoso aclara que non existe ningún cartaz colgado na porta do centro que faga referencia a esta incompatibilidade.