O concelleiro de Persoal mantivo unha reunión cos sindicatos con representación no Concello para analizar a desescalada

O concelleiro de Persoal de Ponteareas, o socialista Benito Márquez, mantivo unha reunión informativa coas seccións sindicais con representación nas mesas de negociación, na que deu a coñecer as novas medidas que o Concello ten previsto adoptar para a progresiva reincorporación do persoal municipal.

A reunión tivo lugar de maneira telemática onte luns 4 de maio ás 16:00, e estaban invitados tódolos sindicatos con representación no Concello, UGT, CCOO, CSIF (que non puideron asistir) e CIG, estando limitada a dous membros por cada un deles. Do mesmo xeito, a reunión tamén foron invitados a concelleira de Emprego, Vanesa Fernández, os membros da Comisión de Seguimento do Covid-19 do Concello, da cal asistiron o alcalde, Xosé Represas, a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, e a concelleira de Sanidade, Cristina Fernández, así como tamén o técnico de prevención da empresa de Riscos Laborais do Concello (Taprega), Carlos Fole.

O sindicato CCOO remitira o 27 de abril un escrito dirixido ao concelleiro de persoal no que solicitaban unha reunión para establecer de que maneira se habería de realizar a desescalada, onde sinalaban as medidas de protección mínimas que, ao seu criterio, deben garantirse durante este proceso, e onde solicitaban “realizar el diseño de un proceso de retorno al trabajo escalonado en función de lo que las autoridades sanitarias vayan recomendando y teniendo en cuenta aspectos tanto de salud como de conciliación de la vida laboral y familiar”. O sindicato UGT, pola súa parte, remitira outro escrito ao Concello o 28 de abril no que solicitaban ao Concelleiro de Persoal “a elaboración dun Plan de Continxencia ou dun Protocolo de Saúde e seguridade para cada un dos e das traballadoras de cada un dos departamentos deste concello”.

En dita reunión, Benito Márquez trasladoulles que dende a Concellería de Persoal xa se tiña contratada a empresa de Prevención de Riscos Laborais do Concello, Taprega, xa o dia o día 24 de maio, para a elaboración dun plan de continxencia para todo o Concello, e ademais, un especifico para a residencia da terceira idade Santa Ana.

“O Ministerio de Traballo fai referencia na súa guía “Medidas para la prevención de contagios del COVID-19” a elaboración de Plans de Continxencia Específicos onde se establezan as pautas de actuación que permitan a continuidade da actividade produtiva garantindo a seguridade e a saúde persoal fronte a exposición ao COVID-19. O obxectivo dos plans de continxencia é identificar o risco de exposición ao virus das diferentes actividades que se desenvolven, para adoptar medidas de protección en cada caso de acordo coa normativa aplicable en cada momento”, indicou Benito Márquez, concelleiro de Persoal.

“Do mesmo xeito, encargouse un Plan de Continxencia específico para a Residencia Santa Ana, en tanto a guía do Ministerio de Sanidade “Guía de prevención y control frente al COVID-19 en residencias de mayores y otros centros de servizos sociais de carácter residencial” establece que os centros deben de dispor de plans de continxencia adaptados ás características de cada centro e dirixidos á prevención e a resposta ante a aparición de casos e brotes de COVID-19”, indicou o concelleiro.

Benito Márquez comprometeuse en dita reunión a trasladar o Plan de Continxencia aos sindicatos unha vez este sexa remitido pola empresa encargada da súa redacción e a ter unha reunión para valoralo conxuntamente, e sinalou asemade que “aínda que a desescalada vira marcada polas directrices do Goberno central e autonómico, o Concello non deixou de traballar nun futuro escenario para que a saúde dos empregados municipais non corra ningún risco, e, ademais, conten con toda a información relativa as medidas de actuación nos seus postos e traballo”.

Por ultimo, Benito Márquez quixo destacar e agradecer publicamente a labor realizada durante esta crise sanitaria polos traballadores municipais, que permitiron que o Concello seguise funcionando e seguise ofrecendo o apoio necesario nestes duros momentos.