O concelleiro de Novas Tecnoloxías fixo entrega dos diplomas dos cursos impartidos na Aula CeMIT

entrega-diplomas-cemit-decembroO concelleiro de Novas Tecnoloxías, acompañado do alcalde ponteareán, Xosé Represas, e do cuarto tenente de alcalde, Manuel Troncoso, fixo entrega dos case 100 diplomas que acreditan a adquisición de coñecementos nos eidos de iniciación á informática e Internet, traballos con procesadores de textos, follas de cálculo, realización de presentacións con impress e procura de emprego a través da Internet.

Os cursos deron comezo no pasado mes de agosto e o propio Márquez adiantou “que xa estamos realizando as xestións precisas para que poidan continuar o vindeiro ano, de xeito que moitas veciñas e veciños da vila comecen a familiarizarse cos ámbitos informático e dixital”.

O acto celebrouse no Salón de Plenos e permitiu que todos os asistentes amosaran “a súa satisfacción pola utilidade que a formación adquirida terá nos seus respectivos futuros persoais e laborais”.