O complexo deportivo Álvaro Pino acolle o III stage de tecnificación de hóckey

O complexo deportivo Álvaro Pino acolle ata o venres 23 III stage de tecnificación de hóckey organizado polo Hóckey Club Ponteareas. Impartido por adestradores profesionais chegados do Liceo da Coruña e do propio club pontereán conta con adestradores específicos para porteiros e porteiras.

Durante o desenvolvemento do campus, os e as participantes recibiron a visita de xogadores de división de honor actual (Ok Liga), máxima categoría do hóckey en España.