O complexo deportivo Álvaro Pino acolle a final da copa federación de balonmán

A concellería de Deportes, que dirixe en funcións Benito Márquez, convida a toda a cidadanía a desfrutar do deporte do balonmán. O complexo deportivo Álvaro Pino acollerá esta fin de semana a final da copa federación división de honra na categoría infantil, tanto feminina como masculina.

Mañá sábado 8 de xuño desputaránse as semifinais nas dúas categorías e o domingo día 9 as finais cos seguintes horarios:

D.H INFANTIL MASCULINO

1ª semifinal ás 10 horas: grupo Salco Luceros-Cisne Mundo de Sepo

2ª seminfinal ás 11:30 horas: B.M Porriño-B.Culleredo

Final o 9 de xuño ás 12 horas

D.H. INFANTIL FEMININO

1ª semifinal ás 13 horas: B.M Cangas-B.M. Porriño-B.Culleredo

2ª semifinal ás 16 horas: Cafetería Tato B.M Lavadores-S.A.R. Ledisson

Final o 9 de xuño ás 10:30 horas