O Club Patinaxe Artística Luar convida a desfrutar deste deporte esta fin de semana

O pavillón municipal Álvaro Pino acolle esta fin de semana a terceira fase de categorías e probas de acceso de patinaxe artística de Galicia para dar o grande salto á competición española.

O sábado 26 e o domingo 27 de 9:30 a 21:30 horas, organizado pola concellería de Deportes e o Club de Patinaxe Artística Luar en colaboración coa Xunta de Galicia, Deporte Galego e a Federación Galega de Patinaxe, participarán preto de 200 patinadoras e patinadores de 36 clubs de toda Galicia.

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, agradece o esforzo do Club Luar e de todas as familias participantes que se achegarán a Ponteareas durante toda a fin de semana para desfrutar do espectáculo da patinaxe e da deportividade de todos e todas as deportistas.