O club natación Ponteareas coloca a dous nadadores no calendario internacional

O Club Natación Ponteareas acada cos nadadores Andrea Domínguez e Pablo Cabana o Campionato de España, por este motivo o goberno de Ponteareas quixo recibir na casa do concello aos nadadores do club para felicitalos pola súa traxectoria e resultados acadados.

Do 15 ao 17 de Xuño celebrouse o XXI Campionato de España Open de Natación en augas abertas no Río Guadalquivir, Sevilla. Até terras andaluzas achegouse un equipo do club formado por 3 nadadoras (Carla Faro, Laura Rodríguez e Andrea Domínguez) e 4 nadadores (Lucas Costa, Marcos Martínez, Javier Alonso e Pablo Cabana) que, segundo a categoría, competirán en diferentes distancias.

O Club explica que todos e todas tiveron papeis salientables nas súas probas individuais(5km, 7,5km e 10km) e na proba mixta de 4×1250 m. que acadou o 6° posto, pero nesta ocasión destacan o papel dos nadadores da categoría Infantil (distancia 5km) Andrea Domínguez Casabella e Pablo Cabana del Amo que acadaron o Campionato de España. 

O título fai que ambos os dous estean clasificados para participar no Campionato Europeo da categoría, que terá lugar en Malta -do 13 ao 15 de Xullo- coa selección nacional de Augas abertas. Ademáis, este título dalle a Andrea o billete para participar na Mediterranean Open Water Swimmimg Cup (COMEN) que se vai disputar en Grecia – 28 e 29 se Xullo. 

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Deportes, Benito Márquez desexáronlle en nome de todo o goberno éxito para as vindeiras citas internacionais.

O Club, que entregou ao concello unha fotografía dos participantes na proba de Sevilla, sinala que que soamente son 3 as nadadoras que se poden clasificar e representar a España neste prestixioso Torneo.

Pablo e Andrea convertense así nos primeiros nadadores internacionais do Club Natación Ponteareas da súa historia.

De Sevilla, o equipo masculino trouxo tamén o 9° e o feminino o 4° posto da clasificación final por equipos.