A final disputouse a pasada fin de semana no pavillón municipal do complexo deportivo Álvaro Pino
Intensa fin de semana de hóckey sobre patíns en Ponteareas. O pavillón municipal do complexo deportivo acolleu o Campionato Galego Xuvenil organizado polo Hoquei Club Ponteareas. Foi unha final a catro na que resultou vencedor o Club A.A. Dominicos coruñés tras impoñerse na final ao AC Ordes o domingo. Nas semifinais tamén se disputaban o título contra o Deportivo Liceo e o Compañía de María.
A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, achegáronse ata as instalacións deportivas para gozar das xornadas, felicitar aos campións galegos e desexarlle moita sorte no camiño que emprenden agora para tentar acadar o título de campións de España. Tamén quixeron agradecer “o traballo do club ponteareán na organización dunhas xornadas nas que todas e todos os afeccionados puidemos desfrutar deste deporte”.