O Club de Lectura da Biblioteca Municipal de Pontearereas retoma a súa actividade o vindeiro 6 de outubro.

concelloO vindeiro luns, ás 21:00 h. retoma a súa actividade o Club de Lectura que promove a Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas desde hai xa oito anos.
Nesta primeira xuntanza do curso os membros do Club de Lectura comentarán o libro “A elegancia do ourizo” de Muriel Barberry.
Os clubs de lectura son o sistema máis sinxelo e máis efectivo de fomento da lectura. Están baseados na lectura dun libro de forma individual por parte dun grupo de persoas. Este colectivo reúnese unha vez ao mes para comentar e valorar as súas impresións. Non fai falta ser un experto lector, o Club de Lectura está pensado para persoas con inquietudes culturais, gañas de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas.
Segundo as palabras do concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, “os clubs de lectura son unha experiencia extraordinaria para os que participan neles, ademais de ser un elemento fundamental de fomento da lectura. Así mesmo, constitúe unha oportunidade de impulsar a Biblioteca Municipal, ofrecendo un servizo que dá sentido á institución, ás súas coleccións e ás súas instalacións como lugar de encontro”.
O club de Lectura da Biblioteca Municipal de Ponteareas foi creado no ano 2006 e na actualidade conta con 16 membros que len ao mesmo tempo unha obra literaria. Esta actividade enmárcase no programa de promoción da lectura entre os diversos segmentos sociais, favorecendo o acceso ao libro e á lectura dos cidadán ponteareáns.
Para participar nesta actividade cultural os interesados poden dirixirse a Biblioteca Municipal de Ponteareas ou chamar ao teléfono 672 105 468